Dúas medallas individuais e unha terceira grupal para o Piragüismo Dumbría

M. R. CARBALLO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

.

Concursou con nove deportistas no Campionato Galego de Promoción de Slálom

29 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O CDM Piragüismo Dumbría acudiu esta fin de semana ao Campionato Galego de Promoción de Eslalon, disputado en Mondariz (Pontevedra), que puxo o broche final a unha tempada atípica, marcada polo covid. O certo é que o club dumbriés regresou con dúas medallas individuais e unha terceira grupal. Destacaron Teo Costas, que subiu ao segundo posto do podio en kaiak-1 benxamín masculino, e Martín Fernández, que resultou terceiro na mesma modalidade, pero en categoría infantil. Este último foi ademais cuarto en canoa.

A representación dumbriesa estivo composta por nove deportistas, sendo a maioría de primeiro ano nas súas respectivas categorías, algo que influíu moito nos demais resultados. Con todo, houbo un cuarto e un quinto posto para Sara Fernández e Aroa Piñeiro en kaiak-1 infantil feminino; un sexto para Xoel Soto en kaiak-1 alevín masculino, e un sétimo para Roque González entre os benxamíns. Por todo isto, Piragüismo Dumbría foi o terceiro mellor club. Así mesmo, Marco Soto debutou en prebenjamín.