Controis da Policía Local polo confinamento

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

02 abr 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Policía Local de Pontevedra está a despregar controis por toda a cidade para evitar que os cidadáns realicen desprazamentos non xustificados por Pontevedra. Onte, os axentes pararon a numerosos vehículos para comprobar se as persoas que se desprazaban neles cumprían coa estrita normativa en vigor. Só están autorizados os desprazamentos para realizar a compra de alimentos ou para acudir ás farmacias. Por motivos laborais só están autorizados os considerados servizos esenciais contemplados no decreto do Goberno de España. foto ramón leiro