1903: O misterio do cadáver insepulto en San Mauro

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

CAPOTILLO

1903

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal día como hoxe de 1903 La Voz de Galicia facíase eco dunha curiosa noticia na cidade. Chamaba a atención do xornalista a existencia dun cadáver insepulto, feito xerador de moitos comentarios na cidade.

Relata La Voz o falecemento dunha distinguida veciña de Pontevedra o venres da semana anterior. O sábado tivo lugar a condución fúnebre. Con todo unha semana máis tarde o cadáver aínda non recibira sepultura e atopábase no interior da capela de San Mauro, próxima ao cemiterio.

Segundo as fontes consultadas polo xornalista, os facultativos certificara a morte da señora, aínda que algunhas persoas da familia da finada puñan mesmo en cuestión este diagnóstico, posto que a pesar de que transcorreran sete días aínda non se percibise a menor descomposición.

Rodeaban o cadáver 28 blandones e velábano os fillos da falecida e persoas próximas