1983: Carlos Vale, Celso Mariño e Federico da Pena, premios «Cidade de Pontevedra»

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

XOAN CARLOS GIL

1983

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai 37 anos La Voz de Galicia recollía que o pleno do Concello do Pontevedra ratificaba a proposta da comisión de Cultura sobre a concesión dos premios «Cidade de Pontevedra». Precisamente mañá entréganse os premios Cidade de Pontevedra correspondentes ao 2019. Aquel mércores 19 de xaneiro de 1983 dábase o visto e prace á proposta, que incluía catro galardoes: valores artísticos a Carlos Vale Pérez, polo seu traballo sobre os mosteiros cistercienses; valores humanos, ao doutor Celso Mariño Ferreira; valores científicos a Federico da Pena Santos; e un premio especial ao reverendo José Calvo Gontán.