«Amar o mar», o programa que aposta pola educación ambiental

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

GALP

Alumnos de seis colexios, profesores e pais participaron nas xornadas que se desenvolveron nas aulas e nas praias

27 dic 2019 . Actualizado ás 12:39 h.

O GALP Ría de Pontevedra fai balance de , Amar o mar, Ría de Pontevedra sen plásticosun programa que aposta pola educación ambiental para encarar un futuro sostible. Un total de 231 persoas, entre alumnos, profesores e pais, participaron este anos nas xornadas que se desenvolveron nas aulas e nas praias. Un dos obxectivos do programa é fomentar o coñecemento das praias como patrimonio natural e cultural vinculado ao mar e concienciar sobre a necesidade da súa conservación. A problemática da contaminación mariña por plásticos tivo un gran protagonismo. Amar ou mar dirixiuse a escolares de 5º e 6º de primaria. Implicouse a comunidade educativa de seis centros da comarca: o CEIP Coirón-Dena, en Meaño; o CEIP Plurilingüe A Florida, en Sanxenxo; o CEIP Plurilingüe Chancelas, en Poio; o CEIP Cabanas, en Pontevedra; o CEIP de Seixo, en Marín; e o CEIP Torre-Cela, en Bueu.

Os participantes no proxecto gozaron dunha mañá de actividades de educación e sensibilización sobre o problema do lixo mariño e a necesidade de reducir, reutilizar e reciclar os residuos, as tres RRR. En cada centro levou a cabo unha charla de sensibilización que incluía un xogo e a limpeza dunha praia próxima ao centro educativo. Ao retirar o lixo do areal, os alumnos tiñan que separar e contabilizar os distintos tipos de residuos. Os resultados subir á plataforma Marnoba, ademais de crear pequenos vídeos divulgativos. 

O proxecto Amar o mar guinda os seguintes resultados: retirada de 30 quilos de envases de plástico e 26 quilos de lixo da fracción resto na praia dos Praceres, en Pontevedra, un areal que só ten 30 metros de longo; 17 quilos envases de plástico, 53 quilos da fracción resto e 577 cabichas en 280 metros da praia de Aguete, en Marín; 200 quilos de plásticos e 300 quilos da fracción resto na praia de Chancelas, en Poio, de 210 metros de longo; 1.235 cabichas en 100 metros da praia de Silgar, en Sanxenxo; 259 fragmentos de plástico menores de 2,5 centímetros e 174 tapóns de plástico, 1,5 quilos de velas e cera e un bidón con gasoil en 200 metros da praia de Foxos, en Sanxenxo; 160 fragmentos de plástico menores de 2,5 centímetros e 141 envoltorios de chucherías, en 200 metros da praia de Agrelo, en Bueu.