O centro de Pontevedra rexistrou unha trintena de incidencias polo temporal Fabien

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

PROTECCIÓN CIVIL CALDAS

En Caldas hai un viario pechado en Segade polo derrumbe dun muro de contencion

21 dic 2019 . Actualizado ás 20:06 h.

A comarca de Pontevedra mantén todos os servizos de urxencias en alerta pola chegada da borrasca Fabien, que azouta a zona con fortes ventos.

En Pontevedra, Policía Local, Bombeiros  Protección Civil rexistraron preto dunha trintena de incidencias ao longo da xornada. Houbo carteis que ameazaban con desprenderse na rúa como Maruxa Mallo; luces de nadal en risco en Rosalía de Castro e Ramón Pena; contendeores desprazados pola forza do vento en varias rúas, nalgúns casos provocando danos materiais; desprendemento de chapas de revestimento na praza da Comnstitución, María Victoria Moreno, Lérez ou a rúa Luxemburgo; e árbores caídas en dievrsos puntos, como A Xunqueira de Alba ou a senda do Lérez xunto á estación de bombeo.

Así mesmo, rexistráronse caídas de postes eléctricos en Marcón e Ponche Sampaio; alagouse unha casa en Cobas (salcedo), e derrubouse un muro en Fontáns (Xeve). 

Tamén houbo que retirar cristais desprendido dun edificio na rúa Sarmiento, así como uns focos de iluminación que estaban balanceándose preligrosamente na Rúa Nova de Arriba. E na sede de Afundación, os Bombeiros tiveron que retirar chapas soltas,así como unha persiana solta na rúa Echegaray.

 Ademais, Vaipolorío alertou de que a caída dunha árbore «esnaquizou varias tellas do muíño de Cabanas". Trátase dun elemento patrimonial que foi restaurado no ano 2011 pola Asociación Heroes do Campo dá Porta de Salcedo e Vaipolorío, e é o único elemento etnográfico do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos que a día de hoxe esta recuperado.

Muro de contención en Caldas

Noutros municipios, un dos efectos do temporal de vientoy choiva foi o derrumbe duns sete metros de muro de contención en Segade de Abaixo, en Caldas de Reis. Segundo informa Protección Civil da localidade, non hai veciños nin vivendas afectadas, pero a caída do muro provocou un afundimento da estrada, polo que a zona está cortada.

Tamén en Caldas, caeron tezas sobre un vehículo na rúa Sardanela; e pechouse a Carballeira e o xardín tanto ao tráfico de vehículos como aos peóns, polo riesgod e caída de ramas ou árbores.

En Sanxenxo ,o Servizo de Emerxencias foi requirido para asegurar chapas e cristais no recinto do mercado de Portonovo, e para retirar árbores de a vía públoica en Dorrón, na estrada que vai cara a Armenteira.

Tamén se rexistrou a caída dunha árbore na N-640 ao seu paso por Cuntis, o que obrigou a cortar a estrada. O tráfico xa se restableceu.