O Torneo Internacional Júnior de tenis de Pontevedra vaise para Hungría e Noruega

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

cedida

13 oct 2019 . Actualizado ás 21:54 h.

A intensa choiva deste domingo obrigou a cambiar as finais feminina e masculina do Torneo Internacional Júnior de Pontevedra-Viaxes Interrías. Os finalistas tiveron que cambiar das pistas duras exteriores ás canchas cubertas de terra batida. A final feminina estivo dominada pola húngara Amarissa Toth, que se enfrontaba á rusa Alina Shcherbinina. En apenas unha hora e vinte minutos acabábase un encontro dominado de principio a fin pola tenista de Hungría, que sentenciou o segundo set cun 6-3 despois de imporse no primeiro por 6-2.

En categoría masculina, partía con vantaxe o británico Felix Gill, terceiro cabeza de serie, fronte ao noruegués Herman Hoeyeraal. Todo se puña de parte de Gill cando se cambiou a final a terra batida, pero os erros fóronlle condenando a nivel moral e a presión de Herman subindo á rede, funcionou. Un peloteo intenso cunha bóla de dereita á rede de Felix daba o título ao noruegués.