O Concello estuda a implantación dun servizo de atención temperá

A concelleira de Benestar Social reuniuse este venres con responsables de Amizade, Amencer-Aspace e Down Pontevedra Xuntos


Pontevedra / La Voz

A concellaría de Benestar Social do Concello de Pontevedra estuda a implantación dun servizo municipal de atención temperá en coordinación coas asociacións Amizade, Amencer-Aspace e Down Pontevedra Xuntos. Representantes destes colectivos incidiron este venres, no transcurso dunha reunión coa concelleira Paloma Castro (PSOE), na importancia que unha detección e atención temperá ten á hora de tratar, paliar e incluso sandar as afeccións neuronais en nenos. A edila de Benestar Social apuntou que en cidades como Valladolid xa funcionan servizos municipais de atención temperá, precisamente en colaboración con entidades como Down. «Polo que temos que avaliar a posibilidade de poñelo en funcionamento», indicou Castro. Ese servizo, sinalaron fontes municipais, permitiría reducir os efectos dun déficit sobre o conxunto do desenvolvemento dun neno, evitar ou reducir a aparición de efectos ou déficits secundarios ou asociados producidos por un trastorno ou situación de alto risco, e atender e cubrir as necesidades e demandas das familias.

No encontro deste venres tamén se abordou o proxecto de expresión artística diversa Voces Ocultas, que incluirá a celebración dun concerto no mes de xullo e a presentación dunha peza audiovisual. Será o 3 de decembro do 2020, coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Voces Ocultas plasmarase nun curso impulsado polo equipo de Artecalavera e Estudo Bonobo, baixo a dirección de Gonzalo Maceira. O curso arrincará o próximo xaneiro.  

También ~en La Voz

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Comentarios

O Concello estuda a implantación dun servizo de atención temperá