Moi rifado... pero non puido ser.

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

L.S.

05 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta vez non puido ser. O coro do IES A Xunqueira I de Pontevedra non gañou o concurso nacional celebrado este venres no Auditorio Nacional de Madrid. A formación que dirixe a profesora María Luisa Sánchez quedou en terceiro lugar na súa modalidade, a B, de secundaria.