Identifican a dous furtivos cando estaban a extraer percebe nas rocas de Lagos

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

21 ago 2019 . Actualizado ás 20:50 h.

A actividade dos furtivos nas zonas máis expostas da ría de Pontevedra concéntrase, sobre todo, no percebe en contornas como cabo Udra, na costa budetense de Beluso. Con todo, tamén se detectou este verán o roubo de nasas do polbo. O último caso ocorreu recentemente, segundo explicaron fontes da confraría de Bueu , na contorna da praia de Lagos.

Un armador de baixura deu a alerta de que uns individuos nunha embarcación estaban levantando as nasas do polbo da súa propiedade e sen o seu consentimento, cando as tiña caladas en Lagos. Unha vez que se presentaron alí as forzas da orde, púidose comprobar como esas dúas persoas fixéronse cun botín duns 50 quilos de polbo, sen atender as tallas comerciais, ao retirar as nasas fronte ao areal.