O Pontevedra mete quinta na Lomba antes de empezar a liga

Nieves D. Amil
neves d. amil PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

Adrián Baúle

Javi Pazos e Adighibe saen con molestias do último partido de pretemporada

18 ago 2019 . Actualizado ás 23:01 h.

O Pontevedra chega á última semana antes de que empece a liga no punto máis alto da pretemporada. Arrincou en primeira e esta fin de semana meteu a quinta marcha para chegar ben rodado ao arranque da competición. Ante un Arousa que apenas puido facer nada na súa casa, os granates demostraron solvencia defensiva e acerto en ataque, unha das grandes debilidades que axexaron ao equipo nos primeiros compases desta posta a punto.

Un penalti no minuto 9 tras unha entrada de Pacheco a Álvaro Bustos adiantaba ao Pontevedra na Lomba cun tanto de Álex Fernández. Á media hora de partido, Adighibe freaba o intento de remontada dos de Rafa Sáez con outro gol. O Arousa intentou con dous disparos de Pedro Veda salvar a muralla granate, pero en fronte atopouse a Edu nunha ocasión e o pau, noutra. Un minuto antes de que chegase o segundo tanto, Javi Pazos, que volvía á súa vella casa, pedía o cambio por molestias no isquio. Luismi optou por previr para non perder a un dos seus dous dianteiros a próxima fin de semana. Javi López cubriu a súa ausencia. Ao descanso, 0-2 e poucas sorpresas.

Sería á volta de vestiarios cando a situación empeoraría para os granates. Unha acción fortuíta deixaba no chan ao dianteiro nixeriano e máximo goleador do Pontevedra. O resultado é o nocello torto e os dedos cruzados para que a metade de semana estea a pleno rendemento. Apenas catro minutos despois, unha contra levada por Romay convértea no terceiro da tarde Álex Fernández. E sería Javi López, quen sentenciase cun gol, que chegaría despois dunha acción combinada. Recuperado xa da súa lesión, quixo celebrar o seu regreso anotando. Ao Arousa queda aínda moito traballo antes de que o vindeiro domingo bote a rodar o balón da Terceira.

Arousa:?Manu Táboas; Adrián, Pacheco (Javi Fontán, min.77), Iago (Trapero, min. 60), Coti; Pedro García (Raúl, min. 69), Manu Rodríguez (Antón, min. 77); Jorge Sáez, Julio Rey (Róber, min. 60), Suso (Cisso, min. 60); e Pedro Veda

?

Pontevedra: Edu; Nacho López, Campillo (Pol, min. 62), Víctor Vázquez, Naveira; Berrocal (Mouriño, min. 77), Álex Fernández (Sa, min. 62); Javi Pazos (Javi López, min.30), Romay (Samu, min. 77), Bustos (Pedro Vázquez, min. 77); e Adighibe (Rivera, min. 53)

Goles: 0-1, min 9: Álex Fernández de penalti. 0-2, min 31: Adighibe. 0-3, min 58. 0-4, min 81: Javi López

Goles: García Lesta (Pontevedra). Amoestou con cartón amarelo a Pacheco do Arousa

Goles: Uns 600 espectadores na Lomba