O Pontevedra pecha hoxe a pretemporada contra o Arousa

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

18 ago 2019 . Actualizado ás 18:11 h.

O Pontevedra xogará esta tarde na Lomba o seu último partido de pretemporada. Os de Luismi visitarán ao Arousa ás 20.00 horas antes de comezar a última semana de preparación antes de que o día 25 arranques a liga en Pasarón contra o Coruxo.

Os granates chegan a este encontro despois de dúas vitorias consecutivas ante o Mondariz e o Vilalonga, evidenciando un importante progreso respecto dos primeiros partidos de pretemporada. Luismi conta con todo o persoal e espera que para o primeiro partido de liga Javi López e Pedro Vázquez estean ao 100 %. Este último recupérase dunha apendicitis e aínda que xa adestra co equipo, o técnico aínda é prudente coa súa reincorporación. Esta noite será o último exame real antes de comezar a competición oficial.