Unha gran onda de incendios devoraba as inmediacións da cidade de Pontevedra

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

ALFREDO LÓPEZ PENIDE

1978

15 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A provincia de Pontevedra sufría un das súas peores xornadas en materia de incendios forestais. Máis de cincuenta focos devoraban os montes. O máis importante foi o que tivo lugar no famoso monte de Castrove, lugar no que conflúen os concellos de Poio, Meis, Pontevedra e Barro.

Segundo contaba este xornal, as inmediacións da capital eran un auténtico inferno durante aquel domingo. Diversos focos xurdiron de improviso, polo que os servizos de ICONA uniron forzas cos veciños para loitar contra as chamas.

O fume espeso e o cheiro a madeira queimada apoderáronse da capital durante os días posteriores. Finalmente, foi sufocado sen máis perdas que as materiais.