En Pontevedra nunca choveu que non escampara

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

CLAUDIA GÓMEZ

O tempo desapracible co que arrancou o sábado non foi obstáculo para gozar de distintos. E, ao final, ata saíu o sol

21 jul 2019 . Actualizado ás 20:51 h.

A pesar da tímida choiva que caeu ao despuntar o día, o deste sábado foi outro típico sábado do mes de xullo, con atascos nos principais destinos de praia, e moitas citas na axenda. Que si as festas de Fragas en Campo Lameiro, que si a Xuntanza Popular Son de Mares en Campelo, que si a representación teatral do PoioEscena en Combarro... Sen esquecer, claro está, as desenvolvidas no Concello de Pontevedra, onde veciños e visitantes puideron gozar da música na xornada de peche desta edición de Paseantes ou da primeira sesión de Os Vermús de Pinto e Maragota, no que se programou un espectáculo de música e danza pola diversidade con Xiana Vilas e Isabel Sánchez, e o DJ Moreno Moreno ocupouse da música.

Pero a deste sábado tamén foi un día no que o deporte volveu a mostrar a súa faciana máis reivindicativa coa disputa dunha nova edición da travesía a nado entre Udra e Pescadoira para concienciar sobre a rexeneración deste último areal. E sen saír do deporte, onte a selección española júnior de balonmán que estes días está a disputar o Mundial foi recibida por Carmela Silva na Deputación.