Lores: «Acabaron os tempos do máis e chegan os tempos do mellor»

Serxio Barral Álvarez
Serxio Barral PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

Ramón Leiro

Ante un abarrotado Teatro Principal, o nacionalista renova o seu idilio con Pontevedra

16 jun 2019 . Actualizado ás 11:08 h.

Na sesión de investidura de onte non houbo desmaios -como fai catro anos cando unha policía local non aguantou a calor- pero si sufoco: o que viviu a presidenta da mesa de idade, Pilar Comesaña (BNG), ao contar os votos que proclamaban por sexta vez a Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde de Pontevedra. Nove en contra, dous en branco, catorce a favor. Catorce? Non terían que ser quince, 11 do BNG e 4 do PSOE? Ela mesma caeu na conta de que, por erro, votara en branco, unindo a súa involuntaria abstención á do representante de Cidadáns, Goyo Revenga.

Eran as 12.48 horas cando Comesaña fixo entrega a Lores do bastón de alcalde, acompañado da súa desculpa polo erro, que quedou nunha simple anécdota.

Lores iniciou o seu discurso xa como alcalde lanzando unha primeira chiscadela á oposición: «Con todos e todas vou contar, agardo poder contar». Aludiu aos cambios vertixinosos que experimentan todos os ámbitos da vida, e destacou a necesidade de adaptarse, de non quedar atrás. Destacou que a primeiro que haberá que adaptar é a maquinaria administrativa, «tradicionalmente garantista, lenta, burocrática e nada propensa ás innovacións». A súa adaptación aos tempos actuais será, afirmou, «unha das prioridades deste mandato».

Fiel á súa lema de campaña O mellor está por vir, Lores advertiu, a modo de declaración de intencións, que «acabáronse os tempos do máis e chegan os tempos do mellor, pasaron os tempos de medrar a toda costa, e estamos nos tempos da mellor calidade, das mellores solucións». Asegurou que é o momento de pasar de esixir «máis vivendas» a demandar «mellores vivendas»; que se aparque a obsesión por para «medrar en poboación» «ter poboación con mellores servizos», que se descarte o de ter máis camas hospitalarias en beneficio de ; «mellor atención hospitalaria»que se pase de «máis coches» a ... «mellores e menos contaminantes»E, para os que estaban fose manifestándose para defender a continuidade de Ence na ría, apuntou que tamén é o momento de pasar «de máis e máis industria a calquer prezo, a mellor industria, menos contaminante e lonxe de zonas residenciais».

Máis información nas páxinas da sección de Galicia

Domínguez e Revenga prometen unha oposición dura pero responsable

Os portavoces dos dous partidos da oposición, PP e Cidadáns, Rafa Domínguez e Goyo Revenga, comprometeron nos seus discursos que farán unha marcaxe ao labor do goberno local duro e pondo a Pontevedra por amais de calquera outra cousa. «Fiscalizaremos desde o primeiro momento ao goberno, e terannos do seu lado no que sexa bo para a cidade», anunciou Domínguez. «Farei oposición construtiva pero responsable», subliñou Revenga.

Tino Fernández: «Quen queira dialogar, nos atopará dispostos»

O portavoz socialista lanzou un duro discurso contra Ence, aínda sen citar en ningún momento á empresa. «Están os que cren que todo é seu -afirmou-. Que poden usurpar o que é noso, o que é de todos, comprando vontades, sen máis respecto nin máis horizonte que seguir aumentando os seus beneficios, aínda que iso supoña unha condea para as xeracións vindeiras. Por iso, xa aviso de que, dende o máximo respecto, pero sen ceder un palmo, seguiremos a loitar porque a xustiza que non tivemos hai 60 anos, triúnfe agora. Os que queiran negociar, que non dubiden de que nos atoparán dispostos a elo. Pero os que nos queiran amedrentar, os que insultan e ameazan, que saiban que perden o tempo».