A Escola de Restauración, recoñecida pola Axencia de Doazón

c. b. PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

ESCOLA

16 jun 2019 . Actualizado ás 14:00 h.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra, foi distinguida no acto do Día Mundial do Doante de Sangue pola súa cooperación na difusión e promoción das campañas da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Carmen Lorenzo, directora da Escola, recolleu o venres o premio en representación da comunidade educativa.

«Como centro educativo, é unha honra e un orgullo ser distinguidos con este galardón. A Escola, a súa vez, agradece a extraordinaria labor que leva a cabo ADOS para a mellora da esperanza e a calidade de vida de miles de persoas, así como a xenerosidade e solidariedade de quen, dende o anonimato, colabora coa súa doazón», subliñou a directora. A entrega do premio na categoría de centros de ensino universitario correu a cargo de Jesús Oitavén, secretario xeral técnico da Consellería de Educación.