Exposición retrospectiva da ceramista Elena Colmeiro

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

CAPOTILLO

AXENDA | A Casa dás Artesa acolle a inauguración dunha retrospectiva da ceramista

05 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Casa dás Artes inaugura hoxe unha exposición de Elena Colmeiro (Costela, Silleda, Pontevedra, 1932) titulada Construíndo cos materias. Rosario Sarmiento é a comisaria desta mostra dedicada a esta precursora da escultura cerámica en España.

Di dela que é emocional e innovadora, unha investigadora de materiais e linguaxe que creou un traballo moi persoal, no que deu forma aos seus intereses plásticos, «rompendo as convencionalismos e investigando o uso de novos materiais industriais».

É unha mostra que reúne obra practicamente inédita, froito dun longo e continuo traballo de taller, e realizada en Vigo, a mesma cidade onde a artista Elena Colmeiro expuxo por primeira vez en España fai máis de sesenta anos.

Ata o 28 de xullo • Policarpo Sanz, 15 • De luns a venres, de 18 a 21 horas, sábados, de 12 a 14 e de 18 a 21 horas; e domingos e festivos, de 12 a 14 horas •