Polo menos unha decena listas competirán nas municipais en Pontevedra

S. Barral / L. Penide / M. hermida PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

CAPOTILLO

TeGa, Vox, Podemos, Compromiso por Galicia e Cidadáns por Galicia súmanse aos grupos xa presentes na corporación

23 abr 2019 . Actualizado ás 09:32 h.

As eleccións municipais en Pontevedra estarán este ano máis compartidas que no 2015. Polo menos, haberá máis opcións á hora de elixir papeleta. Se fai catro anos presentáronse oito listas, este ano serán polo menos unha decena, segundo puido confirmar onte La Voz na Junta Electoral de Zona unhas horas antes de l medianoite, cando se pechou o prazo oficial de presentación de candidaturas.

Con respecto ao 2015, desaparecen do arco político local UPyD e Todos por Pontevedra. Para esta nova competencia comparecerán as cinco forzas que contan xa con representación na corporación -BNG, PP, PSOE, Marea Pontevedra e Cidadáns-, así como Compromiso por Galicia, que xa participou nas anteriores municipais e agora concorre con Andrés Núñez Rajoy como alcaldable. A estes seis partidos súmanse catro forzas que concorren por primeira vez na cidade: Vox, que presenta a Manuel Torres como candidato á alcaldía; Terra Galega; Podemos, que vai en coalición con Esquerda Unida con José Ramón Otero como cabeza de cartel; e Cidadáns de Galicia, unha formación que non ten nada que ver coa que preside Albert Rivera.

María Rey , número 2

Precisamente, Cidadáns (o que si está xa no Concello) agardou ata o último día do prazo legal para confirmar o que ata onte era un segredo a voces na cidade: que Goyo Revenga será o seu candidato á alcaldía en Pontevedra. Desta forma consúmase a alteración da lista aprobada pola dirección do partido con respecto á que se debateu na agrupación pontevedresa, xa que se relega á actual concelleira,. María Rey , ao número 2. A lista que saíu de Pontevedra situaba a Rey como candidata (igual que fai catro anos) e a Revenga de número 2.