O Cangas renova a liga recibindo ao Logroño

La Voz VIGO/ LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

LOF

A contenda xógase o sábado ás seis e media no Gatañal

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Balonmán Cangas renova mañá a liga recibindo desde as seis e media no Gatañal ao Logroño, o cuarto clasificado da Asobal e un dos grandes da competición nos últimos anos.

Os cangueses encaran a recta final de tempada (restan seis xornadas) con cinco puntos de marxe sobre a zona de descenso que marca o Teucro pero coa necesidade de manter a distancia con respecto ao conxunto pontevedrés para non correr riscos ao final de tempada.