Profesionais do patrimonio de Galicia e Albania comparten experiencias

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

E.R.

A Escola de Restauración de Pontevedra celebra unha xornada dentro dun proxecto de mobilidade Erasmus+

11 abr 2019 . Actualizado ás 17:35 h.

A Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra, albergou este xoves a Xornada do Patrimonio Cultural Albanés. O centro recibiu o ano pasado financiamento para o proxecto Erasmus+ KA107 con Albania. As institucións deste país que participan son a Universidade das Artes de Tirana, o Instituto Albanés de Arqueoloxía, a Dirección Rexional de Patrimonio Cultural de Vlorë, a Galería Nacional de Artes de Tirana e o Instituto de Monumentos do Ministerio de Cultura.

Segundo indicou a Escola, o proxecto pretende a mobilidade de profesores, estudantes e profesionais relacionados co patrimonio, tanto albaneses como españois, «para que ambos poidamos REVISAR coñecer mellor nosas culturas e para colaborar na conservación e restauración do patrimonio cultural albanés». O proxecto naceu co gallo de a intervención arqueolóxica en Orikum (Vlorë), pero a idea é estendelo ao resto de ámbitos do patrimonio.

Nas charlas profesionais de ámbitos do patrimonio cultural de ambos os países compartiron interesantes experiencias e proxectos vinculados a Albania. O acto de inauguración correu a cargo do xefe de Educación, César Pérez, o encargado de Negocios da Embaixada de Albania, Plator Nesturi, e a directora da Escola, Carmen Lorenzo.