Declara no xulgado o coordinador de Vox de Pontevedra agredido

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

PONTEVEDRA CIDADE

Ramón Leiro

Aínda que días atrás dixo que «o ollo morado é como unha medalla» para el, hoxe prerifió non facer declaracións ante os medios

25 mares 2019 . Actualizado ás 21:04 h.

Juan Manuel Rosales , coordinador de Vox en Pontevedra, foi agredido o día 9 de marzo ás portas do mercado municipal pontevedrés, mentres repartía folletos. O suposto agresor foi Andrés V.F., un mozo ben coñecido porque, sendo menor de idade, propinoulle unha puñada a Mariano Rajoy que deu a volta ao mundo.

Rosales , tras ir ao hospital para ser atendido por varias lesións na cara, acudiu á comisaría a pór unha denuncia. E hoxe tocáballe declarar no xulgado a conta deste asunto. Así o fixo nos xulgados pontevedreses da Parda, onde preferiu non facer declaracións aos medios de comunicación congregados. 

Días atrás, tras a agresión, Rosales si se pronunciou. Dixo entón a seguinte frase: «O ollo morado é para min como unha medalla», en alusión ao golpe recibido.