Non Día mundial dá auga

Raimundo González Carballo. Concelleiro responsable do Ciclo dá Auga PONTEVEDRA

PONTEVEDRA CIDADE

21 mares 2019 . Actualizado ás 20:01 h.

É coñecido que Pontevedra dispón dunha das mellores augas de abastecemento de todo o Estado e das mellores subministradas aos fogares e negocios cada día, tal e como acreditan as certificacións alimentarias. Pero para acadar estes estándares de calidade, hai moito traballo detrás, con retos que se van cumprindo e unha concienciación cidadá diaria e envexable, que aflora en xornadas como a de hoxe: o Día mundial da auga.

A parte da administración correspóndenos a nós, ao Goberno Local, que entre outras moitas metas propuxémonos elevar o nivel de eficacia do abastecemento reducindo as perdas de auga potable. Neste momento a eficacia está situada nun 88%, segundo os datos que obran na empresa xestora do servizo, pero o reto é elevar esa eficacia ao 92% nos vindeiros 3 anos. Estas cifras están moi por riba da media de todos os concellos de España, que é do 78%.

Reducindo as perdas de auga, gaña o planeta. E gañamos todos.

Tamén nos corresponde a nós crear unha estratexia de investimento para mellorar todas as infraestruturas da rede de auga potábel estendéndoa ás parroquias do rural seguindo o anel urbano, e chegando a Marcón, Lourizán, Mourente ou Salcedo cun investimento de máis de 30 millóns de euros a executar nos vindeiros 3 anos. E, paralelamente, facer un investimento de máis de 25 millóns de euros para completar a rede de saneamento en todo o concello, levando as canalizacións a todas as parroquias do rural, progresando na eficiencia e na universalidade do servizo.

É tarefa nosa seguir mellorando todas as redes de distribución en todo o centro urbano, e proba delo son as novas canalizacións das rúas recentemente reformadas como Virxe do Camiño, Cruz Vermella; outras en obra como Gorgullón ou a futura Loureiro Crespo, entre outras.

No Día mundial da auga, e tendo en conta que moitos millóns de persoas viven sen auga potable nos seus fogares, está ben recordar como Pontevedra e os seus veciños e veciñas contribúen a ter un planeta máis sustentable; sen embargo temos que ter sempre presente que cada pinga conta. Polo que non debemos esquecernos, cando menos, das recomendacións máis básicas como pechar a billa cando non sexa necesario usala.Audiencia de PontevedraPOntevedra cuidad

Parabéns aos veciños e veciñas de Pontevedra polos seus logros diarios.

Bo Día mundial da auga.