Un aparellador «traquilo e bo» comprometido co nacionalismo

m.hermida PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

cedida

Vivía na cidade do Lérez e traballou durante case catro décadas

04 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Arturo Garrido García, que faleceu en Pontevedra aos 67 anos de idade e cuxa incineración tivo lugar onte, foi coñecido, sobre todo, polo feito de ser o aparellador municipal de Moaña, un posto no que estivo case catro décadas. De feito, fontes próximas ao citado concello sinalan que el foi testemuña directa do crecemento de desenvolvemento do urbanismo neste lugar do Morrazo.

Pero as hemerotecas contan máis cousas de Arturo Garrido. Amosan tamén o seu compromiso co mundo do nacionalismo galego. Non en van, tanto nos anos oitenta como a principios dos noventa militou no que entón se chamaba Partido Socialista Galego- Esquerda Galega (PSG-EG). De feito, no ano 1991 concorreu como número uno por este partido ás eleccións municipais en Ponte Caldelas, onde tiña raíces familiares. Tivo sido un colaborador estreito de Camilo Nogueira, segundo recollían tamén as crónicas daqueles anos.

Pero, como soe acontecer coas boas persoas, onte os seus amigos non lembraban nin a súa traxectoria política nin tampouco os seus logros laborais, por importantes que fosen. Persoas da cidade como o concelleiro Vicente García Legísima, que foi compañeiro de partido e amigo del, do que se acordaban era do seu carácter «porque Arturo era tranquilo e bo, destas persoas que saben escoitar aos demais, que teñen paciencia e que sintentizan ben o que un lles transmite».