O pontevedrés Eduardo Rejo, bronce no Europeo cadete

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

cedida

04 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Campionato de Europa cadete non puido saír mellor para os taekuondistas galegos, que regresan de Castelló co ouro de Cloe Iglesias , do Patiño Moaña, e co bronce do pontevedrés Eduardo Rejo na categoría de menos 61 quilos. O taekuondista do Mace Sport gañou en cuartos de final a Berker Pazar cun combate moi axustado (38-40), pero na final perdeu contra o francés Bassem Amri. Non puido frear as accións co puño do competidor galo e caeu por un contundente 20-9. Rejo comezou a competición superando a outro francés, Lawrence Felicite.