Ferido ao incendiarse a furgoneta na que circulaba

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

08 novs 2018 . Actualizado ás 19:59 h.

Pouco antes das dúas da tarde de hoxe, unha persoa resultou ferida en Pontevedra ao queimarse despois de que a furgoneta na que circulaba comezase a arder. Desde o 112 Galicia precisaron que o ferido tivo que ser trasladado polos efectivos sanitarios ao Hospital Montecelo.

Engadiron que o suceso ocorreu na contorna do campo de fútbol do Castelo, na parroquia de Lérez. Foi un veciño o que que alertou do ocorrido, de tal modo que o 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil.