Un ano de obras para peonalizar a ponte do Burgo

Serxio Barral Álvarez
Serxio Barral PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

emilio moldes

O Concello adxudica a reforma do viaduto, que custará algo máis de dous millóns de euros

08 novs 2018 . Actualizado ás 16:26 h.

A ponte do Burgo estará en obras en pouco máis dun mes, e permanecerá así durante doce meses para dar como resultado un renovado viaduto exclusivamente peonil. O goberno local adxudicará nos próximos días a reforma da histórica ponte. da obra de peonalización en se se encargará a UTE formada polas empresas EC Casas e ImesApi. Fará por 1,3 millóns un traballo que saíu a concurso por 1,7, e que inclúe a actuación sobre o taboleiro da ponte e nas dúas cabeceiras da ponte. O segundo lote do concurso, referido á nova iluminación da ponte, adxudicarase a Setga, que executará o proxecto por 730.000 euros.

Unha vez que se adxudiquen, asínense os contratos e cumpriméntense todos os trámites administrativos, poderán iniciarse as obras. O portavoz do goberno, Raimundo González, estima que o fagan no prazo dun mes, aínda que podería pactarse coas adxudicatarias pospor o arranque ata despois de Nadal. En calquera caso, o prazo de execución será de doce meses, por o que a nova ponte podería ser unha realidade a finais do 2019.