Adrián León renova co Pontevedra

PONTEVEDRA CIDADE

CEDIDA

O defensa cántabro chega a un acordo por unha tempada máis

16 jun 2018 . Actualizado ás 20:49 h.

Suma e segue. Despois dun inicio de semana case mudo, o Pontevedra deu un empurrou ao persoal do próximo ano na recta final do campionato. Primeiro foi Alex González e onte renovouse a Adrián León, co que o equipo levaba semanas negociando a súa continuidade no club. As dúas partes estaban interesadas en que formase parte do bloque que deseña Luismi para a próxima tempada, pero as cuestións económicas entorpeceron a rapidez do acordo. Finalmente puido asinarse a súa continuidade por un ano máis.