Unha liorta entre clans romaneses deixa tres policías feridos en Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA

PONTEVEDRA CIDADE

LÓPEZ PENIDE

Polo momento, hai dous arrestados nunha pelexa que enfrontou a unha vintena de persoas

16 abr 2018 . Actualizado ás 19:16 h.

Dous axentes nacionais e un terceiro da Policía Local resultaron feridos nas últimas horas nunha liorta que enfrontou en Pontevedra a dous clans romaneses. No transcurso destas actuacións, polo menos, dúas persoas foron arrestados por estar involucradas nesta liorta que enfrontou, presumiblemente, a preto dunha trintena de individuos de dúas familias distintas. 

Aínda que todo parece indicar que ambos os clans arrastran este enfrontamento desde hai meses, o certo é que o primeiro incidente se produciu a última hora da tarde do domingo na contorna da praia fluvial do Lérez para, posteriormente, trasladarse ao centro urbano de Pontevedra. Os enfrontamentos acadaron tal intensidade que Comisaría requiriu reforzos da Policía Local, momento no que os tres axentes resultaron lesionados.

De feito, as fontes consultadas precisaron que un dos arrestados arremeteu cunha martelo aos policías desprazados.