Toda unha escola para os condutores do futuro

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

emilio moldes

Pontevedra foi escenario onte da primeira das dúas xornadas da aula Ponche a Conducir

24 sep 2017 . Actualizado ás 21:32 h.

Por cuarto ano consecutivo, Pontevedra foi onte escenario da primeira das dúas xornadas da aula práctica de educación viaria Ponche a Conducir. O vindeiro sábado, trasládase, do mesmo xeito que ocorrese o pasado ano, ao circuíto de educación viaria da Seca, no municipio de Poio, cita para a que aínda está aberta a inscrición a través da web da FANPA: www.nontedurmas.org.

En canto á xornada de onte, un total de 120 nenos tiveron ocasión de pórse aos mandos de karts e bicicletas para, deste xeito, ter unha primeira aproximación á estrada e a normativa que regula a circulación. Ademais, por primeira vez, a organización optou por realizar un simulacro de como se debe abandonar unha vehículo accidentado antes de que interveñan os servizos de urxencias, unha actividade que se complementou cun concurso de debuxo e talleres de primeiros auxilios.