O lume calcina dúas hectáreas de arboledo en Ponte Caldelas

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

As chamas declaráronse pouco antes das catro e media da tarde entre Barbudo e Chaín

10 ago 2020 . Actualizado ás 18:18 h.

A Consellería de Medio Rural informou dun incendio forestal que se produciu na parroquia de Castro Barbudo, no municipio de Ponte Caldelas esta tarde. A alerta recibiuse ás 16.29 horas e deuse por estabilizado o lume ás 17.33 horas cando as chamas calcinaran xa dúas hectáreas de monte arboledo. O alcalde, Andrés Díaz, explicou que probablemente foi intencionado e que se orixinou nunha área entre Chaín e Barbudo que xa ardeu no 2017. O alcalde destacou a rápida intervención da motobomba municipal á hora de controlar o lume xa que o vehículo se atopaba relativamente preto do lugar do sinistro. Medio Rural indicou que os medios en total que loitaron contra as chamas en Ponte Caldelas foron cinco avións, un helicóptero, dous axentes, catro brigadas e tres motobombas.