A música acuática regresa á fonte bailarina caldelana

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

07 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ponte Caldelas volverá pór en marcha mañá sábado do espectáculo de música acuática da fonte bailarina na Alameda, despois da actuación de flamenco dentro da programación Noites de Terraza. O goberno local explicou que «a mellor fonte de Galicia volverá a irradiar enerxía a veciños e visitantes cos seus chorros multicolor que danzan ao son da música». Nesta ocasión, o repertorio incorpora cancións como a Marcha dos Toureiros, da ópera Carmen de Bizet; a Marcha Imperial, da Guerra das Galaxias; Carmina Burana, de Carl Orff; Amor Brujo, de Manuel de Falla; e o vals do Danubio Azul de Strauss.

O Concello lembra que esta iniciativa se inspira nos espectáculos ao redor doutras fontes luminosas de referencia en moitas cidades do mundo. Ponte Caldelas, que fai gala de ter a mellor de Galicia, conta cunha tecnoloxía de última xeración tanto na impulsión como na iluminación led embutida no propio chorro, así como en software de programación. A fonte funciona desde marzo do 2019.