Un bulldog inglés coróase como mellor can da Exposición Nacional Canina de Ponte Caldelas

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

CONCELLOS DE PONTE CALDELAS

As probas continuarán ao longo desta fin de semana reunindo ata un centenar de canes

07 dic 2019 . Actualizado ás 16:51 h.

O bulldog inglés CH Bull Camelot Avalon The Legendary gañou este sábado pola mañá o título de Best in Show, nunha das competicións da III Exposición Nacional Canina que se está celebrando esta fin de semana no pavillón polideportivo de Ponte Caldelas. O xurado elixiu en segundo lugar ao bulldog francés atigrado Coroa e Manto Elvira e ao biewer Zhador Deus Super Star como terceiro.

Na categoría de cachorros o galardón de Best in Show foi para o bulldog inglés Fat Puppy's Netflix at Xirabulls; na de mozas para o bulldog inglés Marta do Truebano de Garabiza; na de Baby para o stafforshire bull terrier Stylestaff Northern Lights; e na de veteranos para o american stafffordshire terrier Karballido Staffs Gee Gee.

Durante esta tarde de sábado seguirán as probas co campionato nacional de bulldogs no pavillón de Chan dá Barcia e mañá domingo, a partir das 10 horas, continuarán as competicións.