Ponte Caldelas destina 5.000 euros para o Nadal de familias con poucos recursos

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

As solicitudes débense facer en Servizos Sociais. Son 50 cheques de 100 euros para gastar en alimentos e produtos de hixiene

17 novs 2019 . Actualizado ás 19:49 h.

As familias con poucos recursos empadroadas e residentes no municipio de Ponte Caldelas teñen aberto o prazo para solicitar os cheques de axuda para compra de comida e produtos de hixiene de primeira necesidade. O Concello vai entregar con vistas a Nadal 50 cheques de 100 euros para gastar en Supermercados Froiz. A entrega da documentación para realizar a solicitude debe facerse nos Servizos Sociais do Concello e só se poderán acoller aquelas familias que entran dentro do baremo económico do Regulamento de Emerxencia Social Municipal. Hai que achegar documentación de toda a unidade de convivencia e os cheques iranse entregando por orde de solicitude, a condición de que se cumpran todos os requisitos.