A primeira Holi Party recala no municipio

La Voz

PONTE CALDELAS

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

10 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Este sábado, a partir das sete da tarde, Ponte Caldelas vivirá a súa primeira Holi Party, unha cita que se desenvolverá na chaira do campo de fútbol e na que se empregarán corenta quilos de pos de cores. Ademais, disporase de dez mil watts de son, pantallas LED, animación, actividades para todos os públicos e un gran escenario móbil.