Ponte Caldelas advirte dunha presunta estafa

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

O Concello advirte de chamadas a particulares facéndose pasar pola comercializadora de enerxía

01 ago 2019 . Actualizado ás 15:42 h.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, advertiu, a través do seu Facebook, dunha presunta estafa por teléfono. O rexedor explicou que desde Aurea CHC Enerxía informouse ao Concello de que algúns veciños, especialmente na Insua, están a recibir chamadas ou visitas dicindo que a comercializadora de enerxía deixa de facturar ou que necesita datos do contador e cadro eléctrico da vivenda. «Queremos informar de que se trata dunha mentira», precisa o alcalde. Ademais, Díaz lembrou que «a distribuidora Eléctrica Los Molinos ten un ámbito de actuación ata ou contador dá vivenda, as competencias dá distribuidora non contempla a entrada na propiedade privada do cliente». Ante calquera chamada ou visita, relacionada con este asunto, o alcalde de Ponte Caldelas recomenda aos veciños que non fagan caso e que non dubiden en chamar á compaña que se encarga do servizo local no 986 750 637.