Ponte Caldelas, obrigada a aprobar un plan de axuste

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

ANXO LÓPEZ

O alcalde critia a «absurda normativa de Montoro» que penaliza ao Concello polos seus «fortes investimentos» en proxectos para os veciños

29 jul 2019 . Actualizado ás 16:16 h.

O pleno de Ponte Caldelas reunirase este mércores para aprobar un plan económico financeiro, obrigado pola Lei de Estabilidade Orzamentaria e en base ao gasto realizado no 2018. O rexedor, o socialista Andrés Díaz, que pediu que se derrogue «a absurda normativa de Montoro», recalcou que o ano pasado foi un exercicio «histórico» para a vila co investimento da nova praza de España, a actuación en 40 camiños do rural e a compra dos terreos do antigo balneario, entre outros. Estes implicaron «fortes investimentos» que o Concello se vexa penalizado pola Lei estatal, que limita a posibilidade de incremento nos gastos das entidades de Administración local.

O equipo de goberno explicou que a liquidicaicón do orzamento do 2018 supón que Ponte Caldelas incumpriu a regra de gasto, que impide gastar máis que o orzamento anterior máis o IPC, en 666.000 euros. O executivo caldelano xustifica este incumprimento no uso de remanentes municipais do ano anterior, o crédito para comprar o balneario e outro sen juros solicitado á Deputación para obras no rural e o nueco campo de herba sintética, entre outras intervencións. 

Aínda que o Concello se verá agora sometido á aprobación deste plan económico financeiro, o goberno local destacou que «non supón a adopción de ningunha medida adicional dada a boa saúde financiera da institución municipal». Iso si, obriga a cumprir co requisito de estabiidad e regra de gasto no actual exercicio e o próximo. Neste sentido, o informe de Intervención «augura o cumprimento destes parámetros coa simple execución orzamentaria», apuntan desde o Concello. 

O alcalde, o socialista Andrés Díaz, criticou a «absoluta falta de sentido» dos principios de estabilidade financeira e regra de gasto, «unha limitación que mesmo impide aos concellos gastar os cartos que hai en caixa, como os procedentes dos seus remanentes, en beneficio dos seus veciños». O rexedor engadiu: «É unha barbaridade que se impida xestionar con axilidade e atender as necesidades da veciñanza por unha simple cuestión de contención do gasto no sector público, porque o problema do déficit non está nos concello».

En todo caso, Díaz mostrouse «orgulloso» de ter incumprido o ano pasado, «ao igual que outras moitas institucións locais». Destacou que o plan de axustes que se aprobará no pleno desta semana é unha «anécdota» e resalta que o propio interventor municipal avisa de «o curioso paradoxo de que en 2019 e 2020 Ponte Caldelas, obrigada a cumprir a Lei estatal de Estabilidade Preupostaria, acumulará avultados superávits».