A subida a Ponte Caldelas homenaxeará a Benito Varela

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTE CALDELAS

27 jul 2019 . Actualizado ás 22:53 h.

Falta unha semana para a súa celebración, pero todo está listo e ben preparado para que o próxima fin# de semana se poña en marcha a Subida Automobilística a Ponte Caldelas. Durante os días 3 e 4 de agosto, o municipio pontevedrés vivirá e gozará entre a velocidade e o asfalto.

Este ano, a organización do evento quixo homenaxear a Benito Varela, piloto destacado que reúne tres trofeos absolutos entre os anos 2006 e 2009, varios subcampeonatos e unha exitosa e encomiada carreira en todo o territorio nacional, chegando a participar a nivel europeo en probas de montaña.

A súa traxectoria iniciouse no taller do tamén respectado Paco Outeda, e acabou por derivar na creación da súa propia marca de vehículos competitivos, Dicode -o actual campión autonómico, Alexis Viéitez, corre cun fórmula deste tipo-.

Aínda que Varela xa non está activo, si estará na presentación da subida, xunto con referentes automobilísticos da montaña galega como Serantes, Nonito Víctor Magariños, Silvio Fernández ou Ramón Santiso.

O campionato de montaña atópase cheo de emoción, cunha enorme igualdade ao longo dunhas probas que na súa maioría segue dominando Viéitez, da Escuderia Buxa Motor Poio.