1901: Ponte Caldelas, o único balneario rival da Toxa

La Voz

PONTE CALDELAS

TINO GONZALEZ

18 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O «Gran Balneario» de Ponte Caldelas anunciábase hai algo máis dun século como un establecemento con augas excepcionais, tanto que nos anuncios que publicaba en La Voz de Galicia, o empresario caldelano debía das súas augas que era as «únicas en España que poden substituír ás da Toja [sic]». A tempada de visitas a Ponte Caldelas estendíase do 1 de xullo ao 30 de setembro. Entre as súas bondades destacábase que o «Gran Balneario» ofrecía «augas sulfuro bicarbonadas litínico-ferruxinosas». Ademais, facíase énfase en que foron premiadas na Exposición Rexional de Lugo de 1896 e na Universal de París con medalla de prata en 1900.