Licitada o servizo de axuda no fogar en Ponte Caldelas

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

CONCELLO

29 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ponte Caldelas abriu o prazo para a presentación de ofertas do servizo de axuda no fogar (SAF), cun novo contrato que parte cun prezo anual de 252.000 euros. Na actulidad benefícianse deste programa 34 persoas no municipio. Contempla a prestación de servizos de apoio para a vida diaria, para outras actividades e para atención doméstica e da vivenda. O novo contrato tamén mellora as condicións laborais das 13 traballadores do servizo.