Ponte Caldelas habilita un tramo de beirarrúa na PO-234

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ponte Caldelas mellorou a seguridade viaria da estrada PO-234 cunha nova beirarrúa no seu tramo urbano ao seu paso por esta vila. O goberno local sostivo que asumía o investimento nesta estrada autonómica, «mentres segue agardando a que a Xunta acometa as obras que lle competen».

O tripartito caldelano decidiu acometer esta actuación «dado o carácter urbano desta zona, cun importante tráfico rodado e peonil». Desde o Concello lembrouse que Infraestruturas realiza este tipo de obras «de xeito habitual» nas travesías urbanas, pero desde o goberno local engadiuse que se viu obrigado a facelo todo desde o Concello, «diante da inexistencia de calquera planificación neste senso». O equipo de goberno recalcou que esta é unha estrada perigosa, con carrís de tres metros e sen apenas beiravías.