O Entroido de Verán de Ponte Caldelas consolídase

La Voz

PONTE CALDELAS

CEDIDA

18 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A segunda edición do Entroido de Verán de Ponte Caldelas cultivou esta fin de semana un gran éxito de participación e público, o que consolida á festa como o gran evento do mes de xuño na comarca. Ao redor dun milleiro de persoas participaron activamente no desfile que percorreu as principais rúas da localidade.