Empate que non contenta ao Poio Pescamar en Melilla

á. D. PONTEVEDRA / LA VOZ

POIO

Imagen de archivo de un partido del Poio Pescamar
Imaxe de arquivo dun partido do Poio Pescamar RAMON LEIRO

As rojillas perderon dous puntos tras encaixar un gol a falta de 30 segundos

27 novs 2021 . Actualizado ás 21:46 h.

MELILLA: 2

Sara Soares; Silvina, Bia, Guliana e Lydia -equipo titular- Tamén xogaron: Guti, Nona, Jhennit, Shulha, Thais, Victoria , Clara e Vika.

 POIO PESCAMAR: 2

Lucía Paz, Dani Sousa, Ana Rivera, Irene e Agostina ? equipo titular- Tamén xogaron: Jane, Luci, Martita, Dupuy e Iria

GOLES: 1-0, Bia (min. 16). 1-1, Luci (min. 32). 1-2, Jane (min. 37). 2-2, Guti (min. 40).

ÁRBITROS: Darriba Arroyo e Moreno Rivas. Amoestaron con cartón amarelo a Lydia do Torreblanca; e a Dupuy do Poio.

O Poio morreu onte na beira ante o Melilla. As rojillas perderon dous puntos tras encaixar o empate a 30 segundos do final.

A local Bia foi a responsable de anotar o primeiro tanto do encontro nunha acción na que ela mesma se encargou de roubar a pelota moi preto da área para resolver despois diante de Lucía Paz lanzándose ao chan.

O empate non chegaría ata o segundo acto. Jane iniciou a acción asistindo en profundidade a Irene e a peche soubo agardar dentro da área a chegada de Luci, que non perdoou chegando desde atrás.

A conexión conserveira volveu funcionar despois na remontada. Jane pechou unha preciosa xogada na que entre Dani Sousa e Luci causaron estragos cunha parede dentro da área e a internacional española cedeu despois a Jane, soa no segundo pau.

Prometíallas felices o Poio, que xa se vía cos 3 puntos, pero a 30 segundos do final o Melilla fixo o empate. Guti foi a heroína local tras recoller un rexeite ao pau cando o que o Melilla estaba xa xogando de cinco.