Convenio entre o Poio Pescamar e o Coelgio SEK-Atlántico

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

POIO

RAMON LEIRO

06 novs 2019 . Actualizado ás 19:20 h.

O Pazo de Ferreirós foi onte o escenario escollido para a firma do convenio de colaboración entre o Poio e o Colexio SEK-Atlántico. Ao acto acudiron o presidente do club, Juanjo García; o director do centro, Jacobo Olmedo, ademais do director de deportes da institución, José Javier Hombrados, e a concelleira de Deportes de Poio, Marga Caldas. O acordo permitirá aos alumnos participar nos equipos do club, ademais de impartir cursos a xogadores, que se poderán acoller a bolsas de estudos. foto ramón leiro