Poio, Bueu, Vilaboa e Caldas, a tiro de pacto?

La Voz

POIO

28 may 2019 . Actualizado ás 19:46 h.

As maiorías absolutas están de moda na comarca de Pontevedra. As urnas adxudicaron dez en Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Portas, Sanxenxo e Ponte Caldelas. Hai outros cinco concellos onde podería haber pactos. Máis aló de Pontevedra capital, podería haber acordos en Poio, Bueu, Vilaboa e Caldas.

Avante Poio, con Silvia Díaz, converteuse no partido bisagra deste municipio, o único que pode romper o empate entre PP (oito edís) e a suma de BNG (cinco) e PSOE (tres). Díaz, quen rematou o pasado mandato como concelleira non adscrita tras abandonar o Bloque, sinalou que esta tarde manterá unha reunión para valorar os movementos posibles, pero adiantou que «calquera que coñeza a miña traxectoria sabe cal é o me espectro político. Partindo desa base, o máis impensable sería que Avante Poio apoiara ao PP».

En Vilaboa xa houbo conversacións telefónicas entre PSOE e BNG e non parece que haxa mala sintonía para reeditar o pacto que mantiñan ambas as forzas.

En Caldas, o socialista Juan Manuel Rey indicou que aínda están a analizar resultados pero que «con toda lóxica, falarase co BNG, é o que corresponde». Mentres, en Bueu, Félix Juncal sinalou que se abre un novo escenario e que por suposto falará coas forzas progresistas.