Ferida grave unha condutora que chocou cunha casa en Caldas

Marcos Gago Otero
Marcos Gago CALDAS DE REIS / LA VOZ

MORAÑA

Capotillo

A muller foi evacuada de urxencia ao hospital polo helicóptero medicalizado

12 oct 2019 . Actualizado ás 11:48 h.

A condutora dun coche resultou ferida moi grave tras chocar contra unha vivenda no lugar de Castrelo, preto do límite municipal de Caldas con Moraña ao redor das 9,20 horas desta mañá. O servizo de urxencias do 112 Galicia desprazou ata o lugar ao helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou á muller a un hospital. Segundo explicou o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, ao parecer o coche chocou primeiro contra a esquina dunha casa e rebotó estrelándose contra a fachada da vivenda situada en fronte. Ademais do helicóptero, o 112 mobilizou aos Bombeiros do Salnés, Policía Local de Caldas, Garda Civil de Tráfico e o GES de Valga . O alcalde indicou que a condutora parece ser veciña de Godos.