Unha caixa de agasallos luminosa para o Nadal de Marín

Marcos Gago Otero
Marcos Gago MARÍN / LA VOZ

MARÍN

MARCOS GAGO

A Alameda prepárase para o aceso da decoración festiva o vindeiro xoves

02 dic 2019 . Actualizado ás 10:05 h.

Unha caixa de agasallos de grandes dimensións e perfilada por centos de luces de cores é unha das novidades da decoración do Nadal de Marín para as próximas festas. A estrutura está xa montada na Alameda, na contorna da fonte e do palco da música e aspira a ser unha das atraccións da programación deste ano. O Concello de Marín optou por esta caixa de agasallos, cuxo interior será accesible para o público, como unha forma de que os marinenses e visitantes dispoñan dun espazo onde poder facerse unha foto. Estes dous últimos anos colocouse unha bóla luminosa de grandes dimensións na rotonda da Praza de España, pero non era accesible para os veciños, que se tiñan que conformar con facer fotos coa estrutura ao fondo, mentres que agora poderán facer esas fotos de recordo sen dificultades.

O Concello de Marín está ultimando a colocación da decoración do Nadal, que se acenderá a partir da tarde do próximo xoves, día 5.