«Sangenjo», «O Grove» e «Poyo», municipios turísticos

La Voz

MARÍN

emilio moldes

Ocorreu en 1979

29 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Corría decembro do ano 1979 cando a Xunta ditou un extenso decreto polo que se declararon ata 51 municipios galegos como «de preferente uso turístico». Na provincia de Pontevedra foron quince os concellos que acadaron dita distinción. Aínda non chegara a normalización lingüística, e tal e como o recolleu La Voz aquel día, eran «Villanueva. O Grove, Sangenjo, Bueu, Nigrán, Bayona, Cangas de Morrazo, Cambados, Poyo, Marín, Moaña, Vilagarcía, A Garda, Redondela e Vilaboa». Ademais, tamén se distinguín a catro municipios «polo seu balnearios». Eran, «Mondariz, Cuntis, Caldas de Reyes e Caldelas de Tuy».