O Peixe sálvase tras un último cuarto para esquecer

MARÍN

emilio moldes

Ao Plasencia condenárono os erros en ataque tras unha remontada de trece puntos

12 dic 2018 . Actualizado ás 23:48 h.

Ao Peixe non lle faltou nada para morrer onte na beira do Plasencia despois de asinar un final de partido digno de meter no esquecemento. Os de Javi Llorente foron perdendo fol despois dun terceiro cuarto no que chegaron a ir trece arriba. Entraron no último tramo do partido sen o ímpeto do comezo e sufriron un parcial de 13-0. Pero antes de chegar a ese punto, os marinenses conseguía finalizar todas as súas accións mentres o Plasencia, máis apontoado en defensa, perdía as opcións de sumar. Baixar da fronteira dos dez puntos parecía impensable para os locais, que a catro minutos do final estaban doce abaixo. Foi o principio do cambio. Parecía tarde, pero un triplo que logo reeditaría Mario Álvarez permitiu aos locais recortar distancias ata estar 58-64.

O Peixe parecía quedarse inmóbil ante as continuas arremetidas dos estremeños, que temían volver quedar ás portas como ocorreu na Raña ao principio de tempada. Outro acerto dos locais púxoos a catro puntos e chegou a reducir a diferenza a dúas cun lanzamento de Germán Martínez a dous minutos do final.

Vendo que o partido se lle ía das mans, Javi Llorente pediu un tempo morto para intentar reconducir a situación. A continuación deixou un fallo de Vashil Fernández sobre a pintura que aproveitou o Plasencia para pórse un arriba cun triplo, outra vez, de Mario Álvarez. E cando todo parecía perdido, o conxunto de estremeño fallou un tiro de tres e entrou en xogo Jordan Gregory para sentenciar o partido. Victoria a domicilio in extremis e volta a Marín para preparar o duelo do domingo.

?Plasencia: Paul Mogan (8), José Antonio Medina (8), Andrés Javier Cardito (1), Arturo Fernández (5), Victor Allen (8) -cinco inicial-. Pablo Villarejo (8), Germán Martínez (4), Diego Gallardo (3), Mario Álvarez (12), Vladimir, Deng Mayot (4)

Peixe: Taiwo Badmus, Jordan Gregory (15), Vashil Fernández (14), Juanchi Orellano (9), Jorge Romero (17) -quinteto inicial-. Pablo González, Pantín (2), Gerard Sevillano (12)

Parciais: 19-20, 12-18 (31-38, descanso), 11-17, 23-14 (65-69, final)

Árbitros: Lucas de Lucas e Albacete Chamón, Anxo Antonio

Incidencias: Partido disputado no pavillón Cidade de Plasencia