María del Carmen Coma, madrileña de adopción con Marín na alma

La Voz MARÍN / LA VOZ

MARÍN

GUILLERMO DE NON

Muller do magistrdo Enrique de Non

14 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

María del Carmen Coma Sanmartín, máis coñecida entre os seus veciños como Pachús, faleceu o venres no seu domicilio de Madrid, onde residía. María del Carmen pertencía a unha familia moi coñecida na súa vila natal, onde traballou un tempo na Escola Naval como secretaria. casou con Enrique de Non e trasladouse a Burgos onde o seu marido, máis adiante maxistrado da Audiencia Nacional, tiña o seu destino. Nai de catro fillos, todos menos un nados en Pontevedra, foise vivir a Madrid hai 46 anos. Alí faleceu tras unha longa enfermidade e foi incinerada, pero como marinense de corazón, quixo que as súas cinzas fosen traídas a Marín, onde se depositaron onte no cemiterio da Raña. Ao seu funeral asistiron numerosos veciños e amigos. Cabe lembrar que tanto o seu fillo Guillermo como o seu marido Enrique tomaron parte moi activa no seu momento nos cursos de verán de Passau en Marín.