O goberno de Cuntis repasa actuacións e planifica o 2020

La Voz CUNTIS / LA VOZ

CUNTIS

CONCELLO

O equipo de Manuel Campos mantivo unha reunión de traballo

07 dic 2019 . Actualizado ás 19:09 h.

O grupo de goberno no Concello de Cuntis mantivo este sábado unha reunión de traballo para valorar a situación dos proxectos da entidade local e programar os orzamentos para o ano 2020 e a investimentos que se realizarán no Plan concellos para o próximo ano. Analizáronse os proxectos nas distintas áreas de execución e aqueles outros que se atopan en marcha e executaranse en breve, como son o proxecto de remodelación do polígono industrial, financiado pola Deputación de Pontevedra. Así mesmo, o grupo de goberno municipal xa traballa nos proxectos de mellora das instalacións municipais na casa consistorial, que dan servizo directamente aos cidadáns e que necesita unha completa reforma para cumprir en materia de accesibilidade. Unha parte importante dedicarase á reforma da casa adquirida na súa dia para a sede da fundación Castrolandin, tamén se acometerá a reforma da escola de Meira, e investimentos en saneamento no rural e actuacións en conservación viaria. Tamén se fará unha aposta decidida polo turismo, a conservación e ampliación de sendas e a súa sinalización, un dos alicerces que o goberno local considera moi importante para o municipio de Cuntis. O goberno tamén prevé a dotación de máis persoal nos servizos municipais de atención ao cidadán e ao mesmo tempo dotará de máis medios á policía local, con adquisición dun novo vehículo e dotación de medios técnicos. Tamén sairá a licitación o contrato do servizo de Axuda non fogar.

Noutro apartado, o goberno fixo un seguimento da recente apertura do centro de día, que neste momento xa ten cubertas os seus vinte primeiras prazas, e analizou os datos de execución dos programas de emprego desenvolvidos no centro de formación ocupacional da Ran. Tambien tratou o desenvolvemento das medidas de peonalización do casco antigo, que están tendo «unha aceptación positiva polos cidadáns», aínda que realizará unha adaptación do mobiliario urbano nas zonas de corte de trafico. Se acomterá unha campaña de apoio como todos os anos ao comercio local que se iniciará en xaneiro. O goberno local rematará este ano e empezará o novo mantendo reunións cos veciños nos didtintos núcleos «para palpar as necesidades de cada territorio e ampliaranse novas medidas concorrendo a proxectos conxuntamente con outros concellos».